Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación do servicio de limpeza do edificio sede da institución para o ano 1999.

A Comisión de Goberno deste consello, en sesión celebrada o día 1 de outubro do presente ano, resolveu convoca-la contratratación do servicio de limpeza de seu edificio para o ano 1999, segundo o seguinte detalle:

1. Convocante:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servicio de limpeza do edificio sede da institución durante o ano 1999.

b) Lugar de execución: edificio sito na rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

c) Prazo de prestación: desde o 1 de xaneiro, ou a data de sinatura do contrato de ser posterior, ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Xeito: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 5.775.000 ptas.

5. Garantias:

Provisional: 115.500 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: Rúa Ramón Piñeiro, 29.

c) Localidade e C.P.: Santiago de Compostela. 15071.

d) Teléfono: 981 54 22 00.

e) Fax: 981 54 22 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida na base 5 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da institución, rúa Ramón Piñeiro, número 29, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la proposición: tres mesess, contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, número 29.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións ou primeiro día hábil seguinte de ser aquel sábado ou festivo.

e) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

9303