Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. A Granxa, A Veiga, Leguñeira e Cotiñas, no concello de Gomesende. (Expediente IN407A 98/159-3).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese á información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concello de Gomesende.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

L.M.T. aérea a 20 kV, de 106 m, con orixe no apoio número 7 da L.M.T. proxectada a Reguenga e final no centro de transformación intemperie da Granxa, en conductor LA-56.

C.T. proxectado tipo aéreo, da Granxa con 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V, R.B.T. do C.T. da Granxa de 440 m en conductor R.Z.

R.B.T. do C.T. en caseta existente de Cortiñas, de 1.821 m en conductor R.Z.

e) Orzamento: 13.039.669 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidas, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última públicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 24 de agosto de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/159-3 A.T..Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Granxa, A Veiga, Leguñeira y Cotiñas.Termo municipal: Gomesende.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3NogueiraPradoJosé Álvarez ÁlvarezSan Paio-A Guia, s/n, 32212 Ourense80800

43GranxaPradoErnesto González GutierrezPadre Sarmiento 6-B, 36204 Vigo30300

44A. do CregoPradoEladio Estévez MosqueraA Valenzá-Barbadás, s/n, 32890 Ourense16150

8570