Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 15 de outubro de 1998 Páx. 11.211

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de setembro de 1998 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a el os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para o posto se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais, e nas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo un funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta Comunidade Autónoma conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes

ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación do posto: Secretaria do secretario xeral.

Código do posto: ED.C02.00.000.15770.001.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: B/C/D.

Nivel: 18.

Complemento específico: 535.524.

Corpo ou escala: xeral.

Formación específica: mecanografía.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 11.208.

9231