Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento restrinxido, da realización de 800 exemplares en papel do Anuario de Estatística Agraria 1997 e a edición de 800 exemplares dun CD Rom do Anuario de Estatística Agraria 1997 e dunha folla Web de síntese del.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de 800 exemplares en papel do Anuario de Estatística Agraria 1997 e a edición de 800 exemplares dun CD Rom do Anuario de Estatística Agraria 1997 e dunha folla Web de síntese del, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: dous lotes.

d) Lugar de entrega: Servicio de Estudios e Publicacións, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

e) Prazo de execución: seis semanas, contadas desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

Definitiva: trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de internet no enderezo: http://www.xunta.es.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 19 de outubro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

9171