Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a liña eléctrica a 20 kV San Cibrao-Celanova, no concello de San Cibrao das Viñas. (Expediente IN407A 97/82-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

A dita instalación foi autorizada e aprobado o se proxecto de execución mediante resolución desta delegación provincial do 1-2-1996, cumpríndose no expediente os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalación eléctricas, e nos capítulos

III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios números 87 e 111 da relación de afectados nas que se solicitaba a modificación do trazado e a revisión da valoración económica ofertada. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifica ó afectado en escrito á parte, e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autonóma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

Segundo.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial, que se publicou no DOG do 26-5-1998, no BOP de Ourense, do 15-5-1998, no xornal diario La Región, do 5-5-1998 e no BOE do 1-8-1998; a relación actualizada daquela exporase coa debida antelación no taboleiro de edictos da casa do concello afectado.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 1 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8800