Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/286-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Mariñas-Baredo.

Situación: Santa María de Oia.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.980 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde o apoio 207 da L.M.T. Oia-Baiona, rematando no apoio 25 da L.M.T. que se proxecta no entroncamento co futuro C.T. Baredo, concello de Santa María de Oia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 28 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8629