Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Porqueira.
Situación: Concello de Nigrán.
Descricións técnicas: L.M.T., soterrada, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al, de 500 m de lonxitude, desde o C.T. existente Panxón III ata o C.T. proxectado de Porqueira, concello de Nigrán. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., de 1.015 m de lonxtiude, e soterrada, con conductor tipo R.V.-06/1 kV-4x240 Al, de 25 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 26 de agosto de 1998.
P.A.
Rafael Rubio Maquieira
Secretario provincial de Pontevedra
8631