Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/185-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Sub. Mourente-Fondevila-Hospital-Viviendas C.A.P.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: liñas de M.T., subterráneas, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., cos seguintes tramos: tramo I de 1.985 m de lonxitude, desde a subestación Mourente ata o C.T. existente de Fondevila e desde a L.M.T. MUR 806 á altura do cruzamento das rúas Casimiro Gómez e San Antoniño ata o C.T. existente de Hospital. Tramo II de 1.615 m

de lonxitude desde a subestación Mourente ata o C.T. Fondevila. Tramo III de 100 m de lonxitude desde o C.T. Viviendas C.A.P. ata a L.M.T. ó C.T. Hospital, no cruzamento das rúas Casimiro Gómez e San Antoniño, concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 6 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8630