Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 14 de outubro de 1998 Páx. 11.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e con tramitación urxente, as obras de construcción do ximnasio e vestiarios do CEIP O Feal de Narón.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

2.1. a) Descrición do obxecto: construcción do ximnasio e vestiarios no CEIP O Feal de Narón.

b) Lugar de execución: Narón.

c) Prazo de execución: nove meses.

d) Importe total: 48.828.380 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías:

Exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña - 15071.

d) Tfno.: 981 18 47 45 - 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se este cadra en sábado ou domingo será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

-Localidade e código postal: A Coruña - 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución da adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: ó cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 6 de outubro de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña

8700