En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu
nidade Autónoma de Galicia e 55 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 3/1985, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,
RESOLVO:
Facer público que por razón das necesidades do servicio, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun inmoble situado na rúa Otero Pedrayo, esquina rúa Celso Emilio Ferreiro, baixo, do Carballiño (Ourense), para a localización de dependencias administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1998.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
8983