Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación urxente do artigo 72 da LCAP), para a instalación do sistema de control de accesos ó Hospital Juan Canalejo (plan de necesidades para 1998) (C.P. 122/1998).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxeto: instalación do sistema de control de accesos ó Hospital Juan Canalejo.

Orzamento: 21.500.000 ptas.

Garantía provisional: 430.000 ptas.

Lote 1: instalación do sistema de control de accesos ó Hospital Juan Canalejo.

Orzamento: 21.500.000 ptas.

Garantía provisional: 430.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. Tramitación urxente do artigo 72 da LCAP.

II. Prazo de entrega: dada a natureza do material que se vai contratar, a subministración realizarase nunha soa entrega, e no prazo de 15 días a partir da sinatura do contrato.

III. Admisión de variantes: admitirase a presentación de 1 variante.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 50%.

Especificacións e calidade técnica: 10%.

Implantación e posta en marcha do sistema: 10%.

Mantemento e servicio técnico: 15%.

Experiencia en instalacións similares: 15%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores:os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 29 de setembro de 1998.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9144