Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 13 de outubro de 1998 Páx. 11.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/99-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Forriolo-Verea.

Situación: Verea-A Bola.

Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56.

1ª.-De 3.157 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 213 da L.M.T. de Sub. Celanova a Bande e remate no C.T. de Abeledda.

2ª.-De 78 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. de Abeleda e rem,ate no C.T.C. de Verea.

3ª.-De 969 m de lonxitude con orixe no apoio nº 107 da L.M.T. a C.T. de Forriolo e remate no C.T. con 50 kVA, 20.000/380-220 V de Cerdanela.

4ª.-De 2.510 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 247 da L.M.T. de Sub. Celanova a Bande e remate no apoio nº 119 da L.M.T. Forriolo-Sorga. R.B.T. aérea do C.T.A. de Cerdanela, con 345 metros en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 2 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8560