De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 20 de outubro
de 1997 (BOE do 19 de novembro de 1997) para a provisión da praza de catedrático de universidade, da área de coñecemento de estomatoloxía, do departamento de Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Urbano Antonio Santana Penín, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Urbano Antonio Santana Penín catedrático de universidade da área de coñecemento de estomatoloxía, do departamento de Cirurxía, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
8862