Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, número 219 con data do 23 de setembro de 1998, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna, incluída na oferta de emprego público de 1998.

Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Outes (A Coruña) no rexistro xeral deste concello ou na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Outes, 30 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

8825