Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 09 de outubro de 1998 Páx. 11.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001015/1998, interposto pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación.

O 17 de setembro de 1998 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001015/1998, interposto pola Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, contra acordo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 3-6-1998 sobre denegación de axudas para levar a cabo accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria no curso 1997-1998.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

8903