Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación en sesión do día 10 de setembro de 1998, acordou tomar coñecemento do avance do plan xeral de ordenación municipal de Cambre e sometelo a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia

Durante o dito prazo as entidades e particulares poderán formula-las suxestións e alternativas ó planeamento que coiden oportunas e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes, de acordo co artigo 41.1º da lei 1/1997, do solo de Galicia.

O avance do plan xeral de ordenación municipal, poderá ser examinado durante o dito prazo nas dependencias municipais de urbanismo e no salón de sesións sitos na Casa do Concello.

Cambre, 14 de setembro de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

8686