Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de amoblamento urbano da praza rotonda da urbanización de Los Rosales.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: 098/65.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de amoblamento urbano da praza rotonda da urbanización de Los Rosales.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 31.436.991 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita. 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4, 5 e 6, categoría a.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ó día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: ata tres.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso de prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido ( «Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de amoblamento urbano da praza rotonda da urbanización de Los Rosales.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de setembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

9076