Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitución das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Granxa Vilariño SAT nº 985 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Vitre-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 59.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Finca Fonteboa SAT nº 986 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Porta dos Caos-Vitre-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 49.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Milo SAT nº 987 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo Alperiz-Parada-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 15.000.000 de pesetas; nº socios: 3.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

9068