Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1998 pola que se convoca un curso sobre o procedemento de calidade total nos servicios policiais.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre o procedemento de calidade total nos servicios policiais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós mandos dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 30.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 26 de outubro, ás 14 horas

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito suporá a non-admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: 1. Factores estratéxicos de calidade nos servicios policiais. Planificar. Organizar. Avaliar. Etapas clave. 2. Experiencias aplicadas de procedementos de calidade nos servicios policiais. 3. Especial referencia a elementos de motivación profesional: sistema de valoración profesional, enquisas de satis

facción/insatisfacción, absentismo, 2ª actividade, test de personalidade, valoración dos postos de traballo, dirección por obxectivos, responsabilidade administrativa, réxime disciplinario, etc.

Datas.

O curso celebrarase durante os días 9, 10 e 11 de novembro, en horario de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19.30 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 29 de outubro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na sede da Academia Galega de Seguridade sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9069