Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 08 de outubro de 1998 Páx. 11.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes para a concesión de axudas para a adquisición de teléfonos de texto por persoas xordas reguladas na Orde do 3 de agosto de 1998.

A Orde do 3 de agosto de 1998 (DOG nº 154, do 11 de agosto), pola que se regula a concesión de axudas para a adquisición de teléfonos de texto por persoas xordas, establece no seu artigo 6 que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde a data de publicación da orde de referencia.

Á vista das escasas solicitudes presentadas no prazo establecido, a Federación de Asociacións de Xordos do País Galego (FAXPG) solicita da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a ampliación do dito prazo ata o vindeiro 30 de outubro.

En consecuencia, de acordo co disposto no Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e os decretos 351/1997, do 10 de decembro, e 48/1998, do 5 de febreiro, de estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

RESOLVO:

Amplia-lo prazo de presentación das solicitudes para a concesión de axudas para a adquisición de teléfonos de texto por persoas xordas, reguladas na Orde do 3 de agosto de 1998, ata o vindeiro 30 de outubro.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

8965