Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación para a adquisición de roupa, vestiarios e películas radiolóxicas, correspondente ós concursos públicos 9808 e 9810, polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sete da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería da Sanidade e Servicios Sociais e para cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

Concurso público polo procedemento aberto e trámite de urxencia: nº de expediente 9808.

Obxecto: adquisición de material de lencería.

Empresa adxudicataria: Francisco Barco, S.A.

Lotes: 1, 2 y 6.

Importe: 6.513.000 pesetas.

Concurso público polo procedemento aberto e trámite de urxencia: nº de expediente 9810.

Obxecto: adquisición de placas radiolóxicas.

Empresa adxudicataria: Agfa Gevaert, S.A.

Lotes nº: 1, 2, 3, 4, 5, 6 y 7.

Importe: 27.509.603 pesetas.

Anuncio de licitación publicado no DOG do 16 de abril de 1998.

Pontevedra, 27 de maio de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

8479