Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a instalación eléctrica da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Mourazos, no concello de Verín. (Expediente IN407A 98/47-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a

autorización administrativa e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de novembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de ins

talacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997. Na fase de información pública non se presentaron alegacións de ningún tipo.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorízase a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que consta nos seguintes datos básicos:

* Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 272 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio de formigón 2A/11 da L.M.T. existente Verín-Tamaguelos e remate no C.T. aéreo proxectado, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Mourazos. Liñas de baixa tensión aéreas proxectadas de Mourazos e de enlace coa R.B.T. existente, con 1.202 m en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento deles ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 17 de abril de 1998, que se publicou no DOG do 26-6-1998, no BOP de Ourense do 18-5-1998 e no xornal diario La Región do 9-5-1998.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa

publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 3 de setembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8913