Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 07 de outubro de 1998 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a solicitude de declaración de necesidade de urxente ocupación e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución do proxecto que se cita. (Expediente 95/383 A.T.).

Ó abeiro do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese á información pública, segundo o disposto no artigo 14.1º do citado regulamento,

a solicitude da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica presentada pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa García Barbón, nº 38, 36201 Vigo, para a execución do seguinte proxecto nomeado:

L.M.T., C.T., R.B.T. Caneira-Baredo no concello de Baiona, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial de Industria do 15-2-1996 (expediente A.T. 95/383).

Segundo o disposto no artigo 16.3º do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun diario local dos de maior circulación así como os interesados ós que se lles practica notificación

individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións que teñan relación cos artigos 25 e 26 do devandito regulamento.

Estará exposto o expediente co proxecto da instalación nesta dependencia, sita en Vigo, r/ Gran Vía, 76, en horas de oficina.

Os propietarios afectados poderán solicitar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Pontevedra, 26 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 95/383Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T., R.B.T. Caneira-BaredoTermo municipal: Baiona

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CanceloPradoJuana Barreiro MiniñoCancelo-Cahada, s/n,

36309 Baredo-Baiona

1248480

9CanceloLabradíoJosé Pérez MartínezCahada, s/n,

36309 Baredo-Baiona

880

12CanceloPradoDorinda Álvarez NavosCarballo, 9,

36309 Baredo-Baiona

23230

17Sobre CamposMonte baixoApoderada: Teresa

Barreiro Barreiro

Carballo, s/n,

36309 Baredo-Baiona

10

19Sobre CamposPradoMartín Barreiro DuránSaa, 33,

36312 Beade-Vigo

880

20Sobre CamposPradoCándido Álvarez MiniñoXesta, s/n,

36309 Baredo-Baiona

25250

21Sobre CamposMonte altoAmando Miniño GranjaIgrexa, s/n,

36309 Baredo-Baiona

20200

21/1Sobre CamposMonte altoEnma Gómez GiráldezAlbores Grande-Prado, s/n,

36391 Priegue-Nigrán

440

22CaneiraMonte baixoCelsa Fernández MartínezCaneira, s/n,

36309 Baredo-Baiona

70700

24CaneiraLabradíoMilagros Navos DuránRiña, s/n,

36794 Sta. Mª de Oia

110

8735