Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Arconsa Arcade, S.L. solicitou deste concello a modificación da delimitación da unidade de execución número 3 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal.

De acordo co establecido nos artigos 121.1º e 121.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública, durante o prazo de vinte días, a devandita solicitude.

Soutomaior, 25 de setembro de 1998.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde

9003