Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 06 de outubro de 1998 Páx. 10.982

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen as probas selectivas convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de xuño de 1998, publicadas no Diario Oficial de Galicia, número 21 do 25 de xuño de 1998,

RESOLVE:

Aproba-las listas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A). As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto, é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo publícase a lista de excluídos que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, con obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación provisional de excluídos ó proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración, escala de estatísticos (grupo A) acceso libre

Apelidos e nome DNICausa(s) de

exclusión

Burgos Prieto, María Jesús52.126.244 10
Carbajo Carbajo, María Cruz09.784.900 10
García Fernández, Emma34.971.264 30
Pérez Fernández, Antonio76.709.693 20
Vázquez Yáñez, Orlando P.34.254.762 30

Causas de exlusión

CódigoDescrición

10Instancia fóra de prazo
20Taxas baremo non aboadas
30Falta DNI ou DNI incorrecto

8689