Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.964

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOCIACIÓN DE MÉDICOS GALLEGOS (ASOMEGA)

III Premio Novoa Santos.

Presentación.

1. A Asociación de Médicos Gallegos (Asomega) organiza o Premio Novoa Santos, convocando a súa III edición.

2. Colabora con Asomega nesta convocatoria Caixa Ourense.

Bases do premio.

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina-sanidade, cun labor profesional ou científico de repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por universidades, reais academias ou colexios profesionais de medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc. ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Un resumo do currículum vitae do candidato nun máximo de 10 follas (15 copias).

b) Unha memoria na que aduza os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (15 copias).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario que considere que foi motivo do Premio Novoa Santos.

5. Non poderán concorre-los membros da xunta directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación, cun prazo límite de presentación que rematará o día 15 de outubro de 1998, serán dirixidas ó secretario de Asomega, r/ Santa Cruz de Marcenado, 10-1ºD, 28015 Madrid. Teléfono: 91 445 28 81, fax: 91 445 28 38.

Premio.

1. O Premio Novoa Santos será outorgado por un xurado constituído pola xunta directiva de Asomega. Para tal fin, celebrarase unha reunión da xunta directiva, e a súa decisión, ante a que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 1.000.000 de ptas., diploma e medalla conmemorativa do Premio Novoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de novembro do mesmo ano, na Casa de Galicia en Madrid, a xunta directiva de Asomega faralle entrega do Premio Novoa Santos ó galardoado, o cal pronunciará unha conferencia do tema médico-sanitario que considere que foi motivo de tal mérito.

Madrid, 26 de setembro de 1998.

A.L. Charro Salgado

Presidente dA Asociación de Médicos Gallegos (Asomega)