Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello na sesión celebrada o día 3 de setembro de 1998 aprobou con carácter definitivo o estudio de detalle dun terreo en solo urbano

sito entre a Avda. José Antonio e a primeira travesía da rúa Real (marxe dereita), promovido polo seu propietario Guindeiro, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín e visado polo COAG.

O que se fai público para a súa executividade dándolle cumprimento ó disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, subliñánse que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte a esta publicación logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Miño, 7 de setembro de 1998.

Deogracias Romeu López

Alcalde

8151