Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 05 de outubro de 1998 Páx. 10.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se abre información pública para a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita, para efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente IN661A 98/1-4).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a seguinte solicitude:

Solicitante: Gamesa Promoción Eólica.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, Santiago de Compostela.

Título: parque eólico Xesteiras.

Concellos afectados: A Estrada e Cuntis.

Coordenadas UTM (x, y): V1 (534440, 4730370); V2 (535240, 4730370); V3 (536320, 4726690); V4 (535304, 4725764); V5 (535270, 4724000); V6 (532600, 4725000); V7 (533910, 4726270); V8 (532730, 4728240); V9 (533290, 4728740); V10 (534190, 4287220).

Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, sita na Rúa Nova de Abaixo, 2 de Pontevedra.

Pontevedra, 21 de setembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

8932