Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o día 16 de setembro de 1998, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite de urxencia para a contratación por concurso da obra do edificio de usos múltiples en Vilamarín (Plan Operativo Local 1998), que se expón ó público durante o prazo de catro día hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público polo trámite de urxencia, se ben, a licitación aprazarase cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución da obra do edificio de usos múltiple en Vilamarín, de acordo co proxecto básico e de execución redactado polos arquitectos Elvira Carregado Pazos y Dulcemaría Trigo Cousillas.

b) Plazo de ejecución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de doce millóns trescentas mil (12.300.000) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín das 9 ás 14 horas.

b) Enderezo: A Pena. Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C P 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Telefax: 988 28 60 00.

f) Data límite de documentación e información: ata o último día do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: dentro dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG e ata as catorce horas. Se o último día fora inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19 do citado prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: ás catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Vilamarín, 17 de setembro de 1998.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde