Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 8 de xuño de 1998, aprobou inicialmente a delimitación do polígono 1 do plan parcial do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) Pontepedriña, así como os estatutos e bases de actuación necesarios para constituí-la xunta de compensación do polígono, promovidos pola sociedade Unión Hotelera Gallega, S.A e outros propietarios afectados.

O ámbito de actuación sitúase entre o río Sar, a vía do ferrocarril en Pontepedriña e a rúa Amor Ruibal.

O expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días soltos contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Polaneamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Edicto:

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio serviralles de citación persoal, en forma legal, ós seguintes propietarios, ou a aqueloutros que resulten de identidade ou paradoiro descoñecidos.

PropietariosNúm. predio

Herdeiros de Ángel Seisdedos Castro102

Herdeiros de Narciso Vicente Martínez 94

Herdeiros de Juana Lema Lema 7

Sixto Mariño135

José Mariño Fraga131

Herdeiros de Josefa Fraga Nieto109

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

8365