Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno do día 12 de agosto de 1998 o prego de bases do concurso de idea do estudio de detalle da Unidade de Intervención número 4 do PEPRI, para tal efecto publícase o seguinte anuncio:

Obxecto: concurso de ideas para a elaboración do estudio de detalle da Unidade de Intervención número 4 do PEPRI.

Concursantes: poderán optar a este concurso tódolos arquitectos e enxeñeiros competentes para a redacción deste tipo de instrumentos de planeamento autorizados para o exercicio, podéndose presentar de forma individual ou formando equipos, sen que poida figura-lo mesmo profesional en dúas proposicións. Non poderán concursar nin os membros do xurado nin quen tivese relación profesional estable ou familiar ata o segundo grao.

Prazo de inscrición: para participar no concurso será obrigatoria a inscrición previa que se formalizará achegando ó rexistro xeral do concello a documentación prevista no prego de bases. O prazo da inscrición finalizará o vixésimo sexto día natural posterior á publicación deste anunico no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de presentación dos traballos: os licitadores validamente inscritos terán un prazo de dous meses contados desde a publicación, no taboleiro de anuncios do concello, da lista de admitidos (sen prexuízo da notificación individual) para a presentación dos traballos obxecto do presente concurso.

Consultas e recollida de documentación: para consultas e recollida de documentación deberán dirixirse ó Servicio de Arquitectura deste concello, sito na rúa Quiroga Ballesteros s/n, 3ª planta.

Premios: o primeiro premio consistirá en 1.000.000 de pesetas, así como o encargo do proxecto definitivo do estudio de detalle da Unidade de Intervención nº 4 do PEPRI e dos proxectos de construcción do Auditorio e da Delegación de Defensa.

Poderán premiarse un ou dous anteproxectos que o xurado determine con accésit de 500.000 pesetas.

Lugo, 24 de agosto de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

8219