Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

CONCURSO-OPOSICIÓN libre para a provisión de dúas prazas de limpadora, como personal laboral fixo.

A Corporación en Pleno, na sesión extraordinaria que se celebrou o día 15 de xuño de 1998, aprobou as bases que rexerán as probas selectivas para a provisión con persoal laboral fixo e polo procedemento de concurso oposición-libre de dúas prazas vacantes de limpadora incluídas na oferta de emprego público de 1997.

As ditas bases figuran publicadas integramente no BOP de Lugo nº 166, do 21 de xullo de 1998.

De conformidade co disposto nelas establécese un prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, para a presentación de instancias no rexisto xeral da Secretaría do Concello de Cospeito, no modelo facilitado nas oficinas municipais, á que deberán xunta-la documentación xustificativa dos méritos alegados conforme o baremo que figura na convocatoria.

Cospeito, 30 de xullo de 1998.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde

8900