Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 02 de outubro de 1998 Páx. 10.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998 pola que se anuncian, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, as seguintes contratacións: servicio para os traballos de restauración das pinturas murais da capela da Virxe da Azucena (fase II), catedral de Santiago de Compostela; obras para a dotación da instalación da liña de media tensión e centro de transformación na illa de San Simón (Redondela).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo

sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, as seguintes contratacións:

* Obras de dotación de instalación da liña de media tensión e centro de transformación na illa de San Simón (Redondela).

-Orzamento de licitación: corenta millóns trescentas oitenta e oito mil setecentas trinta e cinco pesetas (40.388.735 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: dez (10) meses.

-Clasificación do contratista: grupo I, subgrupo 5, categoría c.

-Garantía provisional: non se esixe.

* Restauración das pinturas murais da capela da Virxe da Azucena (fase II), catedral de Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación: dezaoito millóns cen mil pesetas (18.100.000 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición dos pregos: os proxectos, os pregos de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

8888