Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución do lote das obras de iluminación en Vilaxoán, iluminación no Piñeiro (1ª fase), iluminación en Solobeira e iluminación en Rubiáns de Arriba (1ª fase).

2. Prazo do contrato: tres meses.

3. Prezo do contrato: 7.000.000 de ptas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 140.000 ptas.

O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios nos BOP ou no DOG.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades de documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 8 de setembro de 1998.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

8262