Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/51-2, 4933 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío no corredor de alta velocidade Monforte de Lemos-Lalín (Monforte de Lemos).

Situación: Monforte de Lemos-O Saviñao.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV de lonxitude total 976 metros en conductor LA-110/116,2 mm e LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 216 metros de loxnitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Lugo, 19 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8354