Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (253/1996).

Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado en autos de xuízo verbal civil número 253/1996, seguidos por instancia de Ángel Iglesias Carril, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Manuel Rodríguez González, que tivo o seu domicilio na rúa Avda. Buenos Aires 25-3º Pastoriza-Arteixo, e actualmente en paradoiro descoñecido, sobre reclamación de cantidade en concepto de danos e perdas, cítase o dito demandado co fin de que o día 26 de outubro próximo, ás dez horas, compareza ante este xulgado número seis, sito no Pazo de Xustiza, rúa Viena, Polígono das Fontiñas, co obxecto de asistir á celebración do xuízo verbal, baixo apercibimento de seguirse o xuízo na súa rebeldía e de que recaerán sobre el os demais prexuízos a que teña lugar en dereito.

Dado en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

8490