Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 01 de outubro de 1998 Páx. 10.881

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1998 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de responsable da rede de datos, grupo I, vacante no cadro de persoal desta universidade.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en

relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de responsable da rede de datos, grupo I, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 1 praza de responsable da rede de datos do grupo I, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), polos sistemas de promoción interna e de acceso libre.

1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. A vacante non cuberta pola quenda de promoción interna acumularase á provisión externa.

1.3. Os/as seleccionados/as polo sistema de promoción interna terán preferencia sobre os da quenda libre para a elección de vacantes.

1.4. Os/as aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas de provisión.

1.5. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición; as probas e valoracións axustaranse ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.6. A adxudicación da praza ó/á aspirante que supere o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.7. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Ser español ou nacional de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de licenciado universitario, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado ou suspendido do servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Te-la condición de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Pertencer a distinta categoría cá das prazas convocadas na presente convocatoria.

c) Ter permanecido un mínimo de 6 meses na súa categoría profesional.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestes probas selectivas deberallo solicitar ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os/as aspirantes deberán facer constar na súa solicitude o sistema polo que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI.

3.3. Os documentos xustificativos dos méritos que se van valorar na fase de concurso achegaranos no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do derradeiro exercicio da fase específica, os aspirantes que o superaran, da seguinte forma:

3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da Universidade Pública de Galicia onde prestaron os servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia ou unidade de persoal da Administración onde se prestasen os servicios.

3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados na base 3.3.1. 3.3.2. (certificaranse os cursos que consten no expediente) e 3.3.3. expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e engadirase á solicitude do aspirante.

3.3.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos/as candidatos/as os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase nos rexistros xerais da universidade, situados no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro, s/n), na Vicexerencia de Lugo (Augas Férreas, Polígono de Fingoi, Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.5. Os dereitos de exame serán de 4.000 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia, Opo

sicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós/ás aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-la entidade bancaria e o número de conta no recadro que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematando o prazo de admisión de solicitudes, o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución que aprobe a lista definitiva de admitidos e excluídos esgotará a vía administrativa.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo), modificado pola Resolución do 22 de marzo de 1993 da Subsecretaría de Economía e Facenda e para as administracións públicas, pola que se revisan os importes das indemnizacións establecidas (BOE do 26) e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro (DOG do 14 de febreiro).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas nos

artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presentencia da mairoría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que ós membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6º as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Neses casos, o tribunal excluirá aqueles/as opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de espera, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, median

te contratacións temporais, as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra B, de conformidade co establecido na Resolución do 24 de marzo de 1998 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acreditaren a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, sendo excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se fixera o primeiro deles así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se estime conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos/as aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición será determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición maila obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate, dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase específica. O tribunal fará pública, para cada sistema de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó

das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.

Os nacionais doutros estados membros da Unión Europea deberán acreditar igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera universidade pública de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación da universidade correspondente para acreditar tal condición, de non a ter presentado con anterioridade.

8.3. Ante a imposibilidade debidamente xustificada de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, no poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela e das actuacións do tribunal poderán ser impugnados nos casos e nas formas establecidas na Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

DENOMINACIÓN DA PRAZA: RESPONSABLE REDE DE DATOS, GRUPO I.

Procedemento de selección.

1. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das seguintes fases:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio: (para sistemas de promoción interna e acceso libre).

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas, propostas polo tribunal e extraídas do temario específico.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de tres horas.

A puntuación será de 0 a 30 puntos, sendo necesario para aprobar acadar un mínimo de 15 puntos.

Segundo exercicio: consistirá en resolver un suposto práctico relacionado coas materias do programa específico.

A duración deste exercicio será de dúas horas.

A puntuación será de 0 a 30 puntos, sendo necesario para aprobar acadar un mínimo de 15 puntos.

1.2. Segunda fase.

Quenda de promoción interna.

-Proba de coñecemento da lingua galega. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:

-Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

-Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

Quenda para acceso libre: terá carácter selectivo non eliminatorio, constará de dúas partes:

-Primeira: coñecementos non específicos do posto. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con 3 respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á segunda parte do programa.

A duración desta proba non será inferior a unha hora.

A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.

-Segunda: constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario, dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consista na traducción, sen diccionario, dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora. Terá carácter selectivo non eliminatorio. A puntuación será de 0 a 10 puntos.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo de 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 8 puntos a razón de 0,055 por mes traballado.

b) Experiencia: máximo 13 puntos. Valorarase a razón de 0,18 puntos mes na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, dispensados por centros ou organismos, oficiais e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos que puntuarán do seguinte xeito:

-Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,02 puntos/hora.

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

-Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

d) Entrevista. Valorarase ata un máximo de 4 puntos.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

-Valoraranse os seguintes conceptos:

a) Experiencia: máximo 8 puntos.

-Na mesma categoría universidades públicas (0,11 puntos por mes traballado).

-Na mesma categoría administracións públicas (0,055 puntos por mes traballado).

-Noutras categorías universidades públicas (0,055 puntos por mes traballado).

b) Cursos: valorarase igual que promoción interna ata un máximo de 4 puntos.

c) Entrevista: valoraranse ata un máximo de 3 puntos.

ANEXO II

DENOMINACIÓN DA PRAZA: RESPONSABLE REDE DE DATOS. GRUPO I

Programa.

Fase: coñecementos específicos.

1. Fundamentos de telemática:

1.1. A interface nas comunicacións de datos: transmisión asíncrona e síncrona. Configuración da liña. Interfaces.

1.2. Control de enlace de datos: control de fluxo, detección e control de erros.

1.3. Conmutación de circuítos.

1.4. Conmutación de paquetes.

1.5. Protocolos de transporte.

2. Redes de área local (LAN): tecnoloxías, arquitectura e tipos.

3. Interconexión entre redes: principios. Interconexión entre redes sen conexión. O protocolo Internet.

4. Protocolos e arquitecturas OSI e TCP/IP.

5. Tecnoloxías de redes LAN, WAN, MAN.

6. Integración de tecnoloxías: Frame-Relay, ATM, SDH, etc.

7. Equipos de interconexión de redes: conmutadores, Routers, bridges, gateways.

8. Tecnoloxías de cableado de redes. Cableado estructurado. Certificación e normativa.

9. TCP/IP avanzado: deseño, configuración e xestión de redes baseadas en TCP/IP.

10. Tendencias de futuro: Ipv6, multicast, voz sobre IP.

11. A Internet: deseño, estructura, configuración, xestión e mantemento de servicios en Internet.

12. Xestión e mantemento do DNS: configuración, organización, estructura e funcionamento.

13. O World Wide Web (WWW): conceptos xerais, normativa, linguaxes e organización da información.

14. O correo electrónico: conceptos xerais, normativa, configuración avanzada, política de seguridade e política anti-spamming. Protocolos de acceso para clientes.

15. Outros servicios de Internet: Ftp, Telnet, servicio de directorio, News, NTP, Proxies, Indexación (Harvest) etc.

16. Tendencias de futuro en Internet: Internet 2, mbone, 6bone.

17. Sistemas de xestión de redes de datos. Protocolos e plataformas. Integración con outro tipo de redes (telefonía, telecontrol, seguridade, etc.).

18. Administración avanzada do sistema operativo Unix (SvR4).

19. Programación en sistema operativo Unix: Shell.

20. Programación en linguaxe PERL.

21. Seguridade e rede: normativa, arquitectura de redes seguras, firewalls, filtros.

22. Seguridade en sistemas de información:

22.1. Criptografía.

22.2. Autoridade de certificación.

22.3. Xestión de claves.

22.4. Correo e Web seguros.

22.5. Firma dixital.

22.6. Normativa.

23. Deseño de sistemas avanzados de información:

23.1. Intranets, extranets.

23.2. ActiveX, JavaScript, Java, VisualBasicScript.

23.3. Integración de bases de datos documentais en sistemas de información.

24. Organizacións de carácter nacional e internacional no ámbito das redes de datos. Funcións, estructura e métodos de funcionamento. Normativa xeral vixente de redes de datos.

25. O servicio de xestión de redes: organización, estructura, control e coordinación dos distintos grupos de traballo e as súas tarefas.

26. Capítulos III e IV da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Capítulos I, II e III do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servicios de prevención.

Fase: coñecementos non específicos.

1. A Constitución de 1978: estructura e contido.

2. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Motivación e notificación, nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio. O silencio administrativo.

4. Os recursos administrativos: recurso ordinario. Recurso de revisión.

5. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

6. A Lei de reforma universitaria. As universidades: natureza xurídica.

7. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Réxime económico e financeiro.

8. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Órganos de goberno unipersoais e colexiados.

9. A Universidade de Santiago de Compostela. Estatutos. Clases e réxime xurídico do PAS.

10. III convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

ANEXO III

DENOMINACIÓN DA PRAZA: RESPONSABLE REDES DE DATOS. GRUPO I

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: Antonio López Díaz, vicerrector de coordinación do Campus de Compostela da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

Andrés Docampo Darriba, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Juán E. Arias Rodríguez, profesor titular do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

Carmen Jove Ferreiro, grupo III, do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Ezequiel Vázquez Fernández, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Celsa Diéguez González, funcionaria de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

Suplentes:

Presidente: Celso Rodríguez Fernández, vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Representantes da universidade:

Luis Coladas Uría, catedrático de universidade do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.

Ana María Goy López, grupo I do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Representantes do comité de empresa:

César Novoa Gil, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Buján Gómez, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: María Fe Castaño Cacheda, funcionaria de carreira da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

8385