Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia o concurso público aberto, de subministracións, polo trámite de urxencia, para a subministración de adquisición de dúas unidades de resonancia magnética de 0,5 e 1,5 teslas para os complexos hospitalarios Juan Canalejo-Marítimo de Oza (A Coruña) e o Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol). (SCC28/1998). (2 lotes).

1. Nome e Dirección do Servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar

2 en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67, fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Juan Canalejo-Marítimo de Oza (A Coruña) e Arquitecto Marcide-Novoa Santos (Ferrol).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración de adquisición de dúas unidades de resonancia mágnetica de 0,5 e 1,5 teslas (dous lotes).

-Presupuesto total: doscentos noventa e nove millóns de ptas. IVE incluído (299.000.000 ptas. IVE incluído).

Lote nº 01: Unidade de Resonancia Magnética 1,5 teslas. 189.000.000 de ptas.

Lote nº 02: Unidade de Resonancia Magnética 0,5 teslas. 110.000.000 de ptas.

-Total de licitación: 299.000.000 de ptas. IVE incluído. Desgagrégase en dúas anualidades: ano 1998: 269.100.000 ptas e ano 1999: 29.900.000 ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade do lote. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: dous (2) meses desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19 de outubro de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 26 de outubro de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 01: 3.780.000 ptas.

Lote nº 02: 2.200.000 ptas.

Licitando ós dous lotes 5.980.000 ptas.

Definitiva:

Lote nº 01: 7.560.000 ptas.

Lote nº 02: 4.400.000 ptas.

Licitando ós dous lotes: 11.960.000 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.: ata 10 puntos.

14. No seu caso, prohibición de variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información previa mención da súa non publicación: 17-7-1998.

17. Data de envío do anuncio: 18 de setembro de 1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

8331