Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a explotación do servicio de cafetería do Centro de Formación Profesional Ocupacional Sta. Mª de Europa (Ourense).

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 36/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: explotación do servicio da cafetería.

b) Lugar de execución: Centro de Formación Profesional Ocupacional Sta. Mª de Europa.

c) Prazo de execución: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 100.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n.

c) Localidade: Ourense, 32004.

d) Teléfono: 988 38 60 96.

e) Telefax: 988 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e melloras na lista de prezos.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 14 de setembro de 1998.

P.D.(Orde 19-1-1998)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense

8506