Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/297-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: Areal 45B, 15000 Cabanas.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Castro.

Situación: Cabanas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 160 metros de lonxitude, en conductor R.H.V 12/20 de 50 mm Al, que parte da L.M.T. Atallo-A Pena e remate no C.T. aéreo de 160 kVA a 15.000+-5%/400 voltios no Castro, concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

8845