Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: R.B.T. en Tarrío, Costoira e Meixide (Chantada).
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión a 380/220V en R.Z. cunha lonxitude de 1.750 metros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 25 de agosto de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8345