Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/135-2, 5030 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pª S. Victoria-Ribas de Miño 5º F, O Val (O Saviñao).

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en apoios de formigón e conductor LA-56 cunha lonxitude de 238 metros. Un centro de transformación de 50 kVA. Rede baixa tensión de 380/220 V en conductor R.Z. de 260 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 24 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8342