Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/266-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: r/ Mancebo 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: L.M.T., C.T. Boedre.

Situación: Pontedeume.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV de 33 metros de lonxitude, en conductor R.H.V 12/20 KV-95 mm e C.T. prefabricado, tipo pé de poste de 250 kVA e ensamble R.B.T. en Boebre, concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de agosto de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

8349