Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 25 de setembro de 1998 pola que se outorgan concesións administrativas para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Dodro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Laracha (A Coruña); Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Cambados, Nigrán, Baiona, Gondomar, Marín, Bueu, Cangas e Moaña (Pontevedra) e para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Boiro, Carballo e Ordes (A Coruña).

Vistos os escritos e a documentación presentados polas empresas Gas Galicia, SDG, S.A., con domicilio social r/ A Rosa, 16, 15071, Santiago de Compostela e Gas Directo, S.A., con domicilio social r/ Capitán Haya, 53, Madrid, esta consellería ten en conta os seguintes

Feitos

Primeiro.-Con datas do 20 de maio, 28 de maio e 5 de xuño de 1998, a empresa Gas Galicia, SDG,

S.A., solicitou, ó abeiro da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles, e do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, a concesión administrativa para o servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Dodro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Laracha (A Coruña), Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Cambados, Nigrán, Baiona, Gondomar, Marín, Bueu, Cangas e Moaña (Pontevedra), e para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Boiro, Carballo e Ordes (A Coruña), para o que presentou os preceptivos proxectos das instalacións obxecto da concesión a que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases

combustibles.

As instalacións configuraranse segundo sete ramais, denominados:

-Eixe de Arousa Norte, que abarcará os termos municipais de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

-Eixe de Bergantiños, correspondente ós municipios de Carballo e Laracha.

-Eixe de Arousa Sur, que abarca os termos municipais de Vilanova de Arousa e Cambados.

-Eixe do Morrazo, correspondente ós municipios de Marín, Bueu, Cangas e Moaña.

-Eixe de Val Miñor, correspondente ós municipios de Nigrán, Baiona e Gondomar.

-Termo municipal de Ordes.

-Termo municipal de Caldas de Reis.

As redes básicas de distribución de cada un dos ramais terán a súa orixe na rede industrial de Enagás, S.A., a través de ramais de transporte e os correspondentes puntos de entrega de gas natural. Destas redes básicas partirán as redes secundarias e as ramificacións precisas para atende-los diferentes puntos de consumo.

As características principais das instalacións serán as seguintes:

Os termos municipais de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira estarán conectados á rede de transporte mediante un ramal de 50 km de lonxitude aproximada, con orixe no termo municipal de Dodro. Á entrada de cada un dos municipios instalarase unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, desde onde partirá a rede primaria de distribución de cada municipio en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secundarias,

deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

Os termos municipais de Carballo e Laracha estarán conectados á rede de transporte mediante un ramal de 23 km de lonxitude aproximada, con orixe no termo municipal de Arteixo. Á entrada de cada un dos municipios instalarase unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, desde onde partirá a rede primaria de distribución de cada municipio en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secundarias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

Os termos municipais de Vilanova de Arousa e Cambados estarán conectados ó ramal de Enagás a Vilagarcía de Arousa. Á entrada de cada un dos municipios instalarase unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, desde onde partirá a rede primaria de distribución de cada municipio en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secundarias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

Os termos municipais de Marín, Bueu, Cangas estarán conectados ó ramal de Enagás á cidade de Pontevedra mediante un ramal de 33 km de lonxitude aproximada. Á entrada de cada un dos municipios instalarase unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, desde onde partirá a rede primaria de distribución de cada municipio en media presión B MP-B (4 bar). A subministración ó termo municipal de Moaña realizarase a partir da rede de distribución MPB do municipio estremeiro de Cangas. Destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER) as redes secundarias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

Os termos municipais de Nigrán, Baiona e Gondomar estarán conectados ó ramal de Enagás á cidade de Vigo. Á entrada de cada un dos municipios instalarase unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, desde onde partirá a rede primaria de distribución de cada municipio en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secundarias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

A rede do termo municipal de Ordes estará conectada á rede de transporte mediante unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, situada no propio termo municipal de Ordes, desde onde partirá a rede primaria de distribución en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secun

darias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

A rede do termo municipal de Caldas de Reis estará conectada á rede de transporte mediante unha estación de regulación e medida para medición de caudais e reducción de presión, situada no propio termo municipal de Caldas de Reis, desde onde partirá a rede primaria de distribución en media presión B MP-B (4 bar); destas redes primarias partirán, a través de estacións de regulación (ER), as redes secundarias, deseñadas para operar a presións básicas de 0,4 bar (MP-A).

Os caudais máximos que se van conducir serán os necesarios para atende-las demandas máximas previstas para os diferentes mercados dos termos municipais obxecto da concesión.

O orzamento total estimado ascende a sete mil cento oito millóns de pesetas (7.108.000.000 ptas.).

Segundo.-De conformidade co establecido no citado Decreto 2913/1973, a Dirección Xeral de Industria dictou Resolución con data do 4 de agosto de 1998 pola que se someteron a información pública as concesións administrativas de referencia, que se publicou no DOG do 21-8-1998, no BOP da Coruña do 18-8-1998, no BOP de Pontevedra do 18-8-1998 e nos xornais La Voz de Galicia do 20-8-1998 e Faro de Vigo do 20-8-1998, sendo igualmente expostos nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados e nos das delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e Pontevedra.

Durante o período de información pública, a empresa Gas Directo, S.A., presentou proxectos en competencia, axustados ó disposto no artigo 10 do Decreto 2913/1973.

Terceiro.-Os proxectos presentados foron confrontados polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria co fin de determina-lo peticionario que presente maiores vantaxes en relación coa garantía, importancia, calidade, regularidade e prezos das subministracións que teñan que efectuarse, así como calquera outra razón de interese xeral, tal e como establece o artigo 11 do xa referido Decreto 2913/1973.

Como resultado da análise de ámbolos dous proxectos, os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe de data 24 de setembro de 1998, que consta no expediente, que recomenda o outorgamento da concesión administrativa para a subministración ós termos municipais de Ordes, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Cambados, Nigrán, Baiona, Gondomar, Marín, Bueu, Cangas e Moaña á empresa Gas Galicia, SDG, S.A. e para a subministración ós termos municipais de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Carballo e Laracha á empresa Gas Directo, S.A.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa con fun

damento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continúa en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, mentres non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos o informe técnico, os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, a Consellería de Industria e Comercio, por proposta da Dirección Xeral de Industria

DISPÓN:

1. Outorgarlle á empresa Gas Galicia, SDG, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Cambados, Nigrán, Baiona, Gondomar, Marín, Bueu, Cangas e Moaña e para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos industriais no termo municipal de Ordes.

2. Outorgarlle á empresa Gas Directo, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Dodro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Laracha e para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Boiro e Carballo.

As presentes concesións administrativas axustaranse a cantas prescricións se establecen na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e a cantas outras disposicións se dictaran ou dicten sobre o servicio público de subministración de combustibles, así coma ás seguintes condicións:

Primeira.-Gas Galicia, SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contados desde o momento do outorgamento da concesión, unha fianza por valor de 50.391.990 pesetas; Gas Directo, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contados desde o momento do outorgamento da concesión, unha fianza por valor de 67.014.000 pesetas; correspondentes a un importe do 2% dos orzamentos que figuran nos expedientes, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o artigo 7, letra b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. As ditas

fianzas constituiranse na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, punto 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianzas que se devolverán unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-De acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, dentro do prazo de seis meses, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Gas Galicia, SDG, S.A. e Gas Directo, s.A. deberán solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia a autorización para a montaxe das instalacións, presentando os proxectos detallados delas, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos nos proxectos de concesión.

Terceira.-As instalacións e as súas montaxes deberán cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, e deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 8, letra c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns coma as individuais, deberán cumpri-las normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados ou, se é o caso, aquelas que as modifiquen ou substitúan.

Cuarta.-Os concesionarios deberán mantener unha correcta subministración e un axeitado e eficiente servicio de mantemento das instalacións, reparación de avarías, reclamacións e, en xeral, de atención ós usuarios, sendo responsables da conservación e bo funcionamento das instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes en cada momento sobre a materia.

Sexta.-As presentes concesións outórganse por un prazo de setenta e cinco anos a partir da publicación desta orde no DOG. As instalacións obxecto destas concesións reverterán na Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, letra c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Gas Galicia, SDG, S.A. e Gas Directo, S.A. poderán transferir en calquera momento as concesións, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia,

e subrogándose o novo titular ou titulares en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-As delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e Pontevedra coidarán do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta orde, así como da inspección das obras e montaxes efectuadas.

Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial, que segundo as disposicións en vigor teñan de realizarse nas instalacións obxecto destas concesións deberanlles ser comunicadas polos concesionarios ás citadas delegacións provinciais coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas dos concesionarios que poidan afecta-la continuidade e seguridade do servicio público, e co fin de garanti-lo mantemento do servicio ós seus usuarios, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución, adoptando as medidas oportunas para mante-las subministracións.

Décima.-Poderán ser causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas na letra e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento da letra b), do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na resolución e na autorización para a súa montaxe.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente orde,Gas Galicia, SDG, S.A. e Gas Directo, S.A. poderán solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión das instalacións substituídas, ou ben

2. A adaptación das cláusulas da concesión ás novas condicións existentes, co fin de mante-lo equilibrio económico financeiro dentro do prazo establecido na condición.

Décimo primeira.-As concesións outórganse sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, pro

vincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, coa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8350