Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 30 de setembro de 1998 Páx. 10.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998 pola que se modifica a do 7 de setembro de 1998 pola que se amplía o prazo de inscrición no curso para a obtención do diploma de directivo adaptado a altos cargos da Xunta de Galicia.

Convocado un curso para a obtención do diploma de directivo adaptado a altos cargos da Xunta de Galicia, en virtude da Resolución do 7-9-1998 (DOG nº 179, do 15 de setembro), na que se concedía un prazo de presentación de instancias desde o día 16 ó 23 de setembro, e dada a brevidade do dito prazo a efectos do coñecemento do maior número de participantes e que o mes de setembro é aínda período vacacional, esta escola considera que debe ampliarse o prazo de inscrición no devandito curso, tendo en conta que as circunstancias o aconsellan e que non se prexudican dereitos de terceiras persoas.

En consecuencia, con base no artigo 49.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Amplia-lo prazo de presentación de instancias no curso para a obtención do diploma de directivo adaptado a altos cargos da Xunta de Galicia ata o día 2 de outubro.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

8770