Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 29 de setembro de 1998 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble en Santiago de Compostela, para aparcamento da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das peculiaridades do inmoble en virtude do disposto no artigo 55.1º, do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer dun

terreo situado na parroquia de Villestro, termo municipal de Santiago de Compostela, para aparcamento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

8766