En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e no artigo 6.2º da Lei 5/1997, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Nomear a Agustín Hernández-Fernández de Rojas como presidente do consello de administración do ente público Portos de Galicia.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
8715