Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 28 de setembro de 1998 Páx. 10.731

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 227/1998, do 18 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no DOG número 151, do xoves 6 de agosto de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 9.127 deben suprimirse as liñas quince e dezaseis que din: «Planificación e xestión dos medios materiais dos xulgados e tribunais».

-Na páxina 9.132 no punto 1.1 número dez, onde di: «A coordinación, control e avaliación das actuacións en materia de protección civil realizadas pola dirección xeral e polas xefaturas provinciais».

Debe dicir: «A coordinación, control e avaliación das actuacións en materia de protección civil realizadas pola Dirección Xeral e polos servicios provinciais de protección civil».

-Na páxina 9.133 no punto 1.2.4., na primeira función, onde di: «A organización e xestión dos sistemas de comunicacións e informáticos das centrais, centros de comunicación e de coordinación operativos, dependentes da dirección xeral».

Debe dicir: «A organización e xestión dos sistemas de comunicacións e informáticos das centrais, centros de comunicación e de coordinación operativos dependentes da dirección xeral, así como a coordinación, operatividade e control técnico do servicio único de emerxencia da Unión Europea 112».

8709