Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 28 de xullo de 1998 pola que se lle outorga a Repsol Butano, S.A. concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Allariz.

Visto o escrito presentado pola empresa Repsol Butano, S.A., con domicilio social r/ Arcipreste de Hita, 10, 28015 Madrid, esta consellería ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 13 de marzo de 1998, a empresa Repsol Butano, S.A., dedicada á subministración de gases licuados do petróleo, solicitou, ó abeiro da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de normas básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións no sector de combustibles, e do Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

xeral do servicio público de gases combustibles, a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Allariz (Ourense), e para que produza os efectos, presentou o preceptivo proxecto das instalacións obxecto da concesión á que fai referencia o artigo 10 do Decreto 2913/1973.

As características principais das instalacións son as seguintes:

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos aéreos, cunha capacidade total de almacenamento de 66 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e transvasamento adecuados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade con gas natural, construída con tubos de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerán enterrados na súa totalidade.

O orzamento das instalacións ascende a quince millóns setecentas cincuenta mil pesetas (15.750.000 ptas.).

Segundo.-De conformidade co establecido no citado Decreto 2913/1973, a Dirección Xeral de Industria dictou Resolución con data do 21 de abril de 1998 pola que se someteu a información pública a concesión administrativa de referencia, que se publicou no DOG do 6-5-1998, no BOP de Ourense do 7-5-1998, no BOE do 29-4-1998 e no diario La Región do 29-4-1998, non presentándose ningunha alegación ó respecto.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continúa en vigor de acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, entrementres non se aproben as disposicións de desenvolvemento dela.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Industria,

DISPÓN:

-Outorgarlle á empresa Repsol Butano, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Allariz.

Esta concesión administrativa axustarase a cantas prescricións se establecen na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e a cantas outras disposicións se dictasen ou dicten sobre o servicio público de subministración de combustibles, así como as seguintes condicións:

Primeira.-Repsol Butano, S.A. constituirá no prazo de dous meses, contados a partir do momento do outorgamento da concesión, unha fianza por valor de 315.000 pesetas, importe do 2% do orzamento das instalacións, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o previsto no artigo 7, letra b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e no artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11, número 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e que será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-De acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, dentro do prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Repsol Butano, S.A. deberá solicitarlle á Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia a autorización administrativa para a montaxe das instalacións, presentando o proxecto detallado delas, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de concesión, podendo os ditos prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitude acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-As instalacións e as súas montaxes deberán cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, e deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable requirirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 8, letra c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns coma as individuais, deberán cumpri-las normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados ou, se é o caso, aquelas que as modifiquen o substitúan.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e un adecuado e eficiente servicio de mantemento das instalacións, reparación de avarías, reclamacións e, en xeral, de atención ós usuarios, sendo responsable da conservación e o bo funcionamento das instalacións.

Quinta.-A determinación das tarefas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes en cada momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outórgase por un prazo de setenta e cinco anos a partir da publicación desta orde no DOG. As instalacións obxecto desta concesión reverterán na Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo co artigo 7, letra c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Repsol Butano, S.A. poderá transferir en calquera momento a concesión, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense coidará do exacto cumprimento das condicións estipuladas por esta orde, así como da inspección das obras e montaxes efectuadas.

Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial, que segundo as disposicións en vigor teñan que realizarse nas instalacións obxecto desta concesión deberanlle ser comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-En casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afecta-la continuidade e seguridade do servicio público, e co fin de garanti-lo mantemento do servicio ós seus usuarios, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo co artigo 128 da Constitución, adoptando as medidas oportunas para mante-las subministracións.

Décima.-Poderán ser causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas na letra e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento da letra b), do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na resolución e na autorización para a montaxe delas.

Sen embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións obxecto da presente orde, Repsol Butano, S.A. poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes con

dicións da concesión e coa mesma data de reversión das instalacións substituídas, ou ben

2. A adaptación das cláusulas da concesión ás novas condicións existentes, co fin de mante-lo equilibrio económico financeiro dentro do prazo establecido na condición.

Décimo primeira.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, coa nova redacción dada pola disposición adicional décimo primeira da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8439