Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 25 de setembro de 1998 Páx. 10.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3156; XG-354, entre Monforte de Lemos e Rabal, con anexos.

O acordo directivo do 20 de maio de 1998 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autocares Castro Caldelas, S.L. por cesión do seu anterior titular, Baltasar Feijóo Feijóo.

O que se fai pública unha vez cumpridos os requisitos ós que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

8288